mércores, 16 de maio de 2018

UNHA NOVA BIOINVASIÓN NA SERRA DA GROBA: Bipalium kewense

Chéganos por medio dunha compañeira que vive nas Mariñas, no concello de Oia, este animaliño descoñecido ata o de agora para nós.
Despois dalgunhas pescudas atopamos que se trata dun , Bipalium kewense, unha especie de planaria orixinaria de Indochina e que se de documentou por primeira vez en España no ano 1983. É un verme parecido a unha   miñoca cunha raia negra no dorso e que ten a cabeza semellante a dun peixe martelo, de aí que tamén se coñeza como  verme cabeza de martelo. É de hábitos nocturnos e ten o corpo húmido.
É unha nova bioinvasión da que temos coñecemento na nosa contorna, e que aínda que é inofensivo para os humanos, si pode producir desequilibrios na fauna autóctona ao ser un voraz depredador de miñocas , lesmes e caracois, chegando nalgúns lugares a extinguilos, e producindo na fauna que depende destes animais, como as toupeiras, mermas na poboación.


1 comentario:

  1. No ano 2008 esta especie foi documentada por primeira vez no Baixo Miño nas proximidades de viveiros de prantas ornamentais.

    ResponderEliminar