xoves, 18 de maio de 2017

O PRIMEIRO CURRO DO ANO. A VALGA

Este pasado domingo celebrouse o primeiro curro do ano na Serra da Groba, A  Valga, no concello de Oia. Con tempo que ameazaba choiva, pero que aguantou ata que as burras xa estaban saíndo do curro ao rematar a tarde.
Pola néboa que había a primeira hora da mañán, non foi posible que entraran todas as burras no curro. Aínda así houbo un bo número de adultos e de crías que deron para ver o estado dos garranos nesta parte da Serra da Groba, despoi dun ano dificil pola climatoloxía.
Houbo unha boa concurrencia de xente e poidemos ver no recinto do curro as burras con comodidade grazas a que se rozou e se podaron as árbores, cousa que fixo máis doadas as tarefas de identificar os poldros e agarralos para marcar antes da cita da tarde, xa no recinto pequeno do curro no que so se poden coller a man as crías ao entrar, e os adultos co gaxada e a cabezada, un  a un.
Esperemos que no próximo curro, o de Torroña o primeiro domingo de xuño, o tempo acompañe e as cousas saian ben coma neste.











Ningún comentario:

Publicar un comentario