sábado, 17 de decembro de 2016

EQUUS FERUS ATLANTICUS




Este venres pasado día 16 de decembro, falláronse os premios do concurso de videos de arqueoloxía promovido pola deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra no programa de Telearqueoloxía.
Un dos videos presentados levaba por título Equus ferus atlanticus , e a súa tematica vai sobre as nosas burras do monte ou garranos. Hai aportacións de Felipe Bárcena, zoólogo, Laura Lagos, enxeneira de montes que ten traballado sobre a interacción  do lobo,  o garrano e o gando vacún en extensivo; Javier Álvarez-Blazquez, segredario da Asociación dos curros da Groba; Xosé Lois Vilar, arqueólogo e membro fundador de SOS Groba; Xilberte Manso, profesor de E.M. e membro de SOS Groba.
Colaborarón na gravación do video Mariana Romero, na montaxe e Oscar Doviso cámara de video. A produción do video foi unha colaboración entre o IEM, SOS Groba, Arraianos producións e Zinemusik.
A parte da idea, guión, localización , fotos, etc, correu por conta do equipo de arqueolóxia do IEM na que hai que mencionar a Bruno Centelles, Jesús Rodriguez, Xosé Antonio Viña, Alfonso Posada, Eduardo Méndez, Anxo Rodriguez,  e as colaboracións de Manuel Ledo, Cándido Verdes e José Álvarez "Buraco", Comunidade de Montes de Couso, e Modesto Dominguez Rodas "Terri".
Tamén participou aportando os videos dos lobos Miguel Mosquera de ACOPO.
A tódolos eles e a todos/as os compañeiros do IEM e de SOS Groba, grazas pola súa colaboración. Grazas ao seu traballo poidemos levar avante este proxecto que aínda non está finalizado,  e que tenta pór en valor os garranos, patrimonio natural e cultural, e os gravados rupestres de escenas nas que aparecen équidos na nosa contorna e en toda a bacía do río Miño, dunha beira e da outra.
En poucos minutos, o concurso limitaba a 15 a duración máxima dos videos, tentamos amosar o que é este patrimonio tan senlleiro que temos.
Agardamos que agora poida ser visto por moita xente,  e sirva para que se coñeza e se valore tanto os animais vivos como as súa gravacións nas rochas.
Este segundo premio no concurso de Telearqueoloxía queremos que sirva para promocionar a figura dos garranos e os petróglifos e incentivar ás autoridades para que se poñan a traballar para promover unha lexislación específica que protexa e ampare a estes animais. Por outra parte, agardamos que tamén se protexan os gravados e se cataloguen e se limpen, para que se coñezan e poidan ser vistos como o que son, un patrimonio moi valioso que non se está respectando como se merece.
Dende aquí queremos aproveitar para sumarnos a iniciativa que se está levando a cabo para declarar os petróglifo galegos Patrimonio da Humanidade coa declaración SOS Arte Rupestre.

Enlace para ver o video
https://www.youtube.com/watch?v=ibN-sIsFcjs


Ningún comentario:

Publicar un comentario