luns, 14 de maio de 2012

PROTEXTA NO CURRO DE A VALGA E 3º ANDAINA NA DEFENSA DO GALIÑEIRO

NOVAS NA PRENSA
Onte non houbo curro na Valga pero si unha protexta de xente comprometida cunha tradición, que está disposta a non deixala morrer sen loitar.
Que é o que quere ou pretende a Xunta de Galicia?
Unha sociedade que paga os seus recibos polos seguros individuais,  e o colectivo das asociacións, que ten a tódolos animais marcados  e controlados, que cumpre con tódolos requisitos que a UE pide e que nunca se negou a pór a disposición de quen o solicitase os seus libros de rexistro de animais e propietarios... que maís pode facer para poder seguir facendo o que sempre fixo: marcar os animais, desparasitalos e controlalos para que non se produzan accidentes ou incidentes indesexados.
A Xunta di que hai que pórlle un microchip para telos controlados. Quen vai leer ese microcip se o animal entra nunha propiedade, fai unha desfeita e logo fuxe?
Coa marca tradicional, sempre visibel,  pódese controlar sen tocarlle e pedir responsabilidades á asociación e/ou o dono particular, que por zonas controlan e rexen a vida destes animais tan importante para o noso monte e o noso patrimonio cultural e natural.
Por favor Xunta de Galicia,   sentidiño e diálogo xa¡¡


Fotos de Xoan Carlos Xil na Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/05/13/curro-caballos-oia/00031336923837233777606.htm?idioma=galego

Fotos do Faro de Vigo de hoxe MARTA G. BREA
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/05/14/valga-planta-microchip/648418.html

3º ANDAINA NA DEFENSA DO GALIÑEIRO



2.000 persoas contra o parque eólico de O Galiñeiro

 Nesta ocasión o escritor Manuel Rivas tomóu o relevo do tamén académico Xosé Luís Méndez Ferrín  e foi o encargado de cerrar a camiñada co seu discurso.



http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/13/galicia/1336930644_664751.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario